Peche da rúa Castelao este domingo por unha mudanza no Hospital Quirónsalud
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este vindeiro domingo día 5 a rúa Castelao permanecerá pechada dende as 8 ata as 12 horas.
Segundo informa o Concello de Pontevedra, o motivo deste peche é un cambio de maquinaria no Hospital Quirónsalud.
O corte ao tráfico afecta ao primeiro treito desta rúa, dende Sagasta ata o Quirónsalud.
Queda garantido o acceso dos servizos de urxencia do hospital, e a entrada e saída de garaxes.