A Escola de Verán de Ribadumia abre o prazo de inscrición
Por Redacción
Dende este xoves 2 de maio, a Escola de Verán do Concello de Ribadumia abre o prazo de inscrición para os meses de xuño a setembro.
As inscricións faranse nas oficinas municipais dende o 2 de maio ao día 16 de maio (ambos inclusive).
É un programa dirixido a nenos de 3 a 12 anos, empadroados en Ribadumia. A nai ou o pai terá que achegar un xustificante de ocupación laboral.
No caso de quedar prazas dispoñibles pódense acoller á actividade nenos escolarizados en Ribadumia, aínda que non estean empadroados, ou que teñan familiares de primeiro e segundo grao que si o estean.
O Concello de Ribadumia agarda que a Escola de Verán teña unha gran acollida por parte das familias e permitir así unha mellor conciliación familiar.