A militancia socialista pontevedresa tamén sae á rúa en apoio a Pedro Sánchez
Por Redacción
Representantes e militantes do Partido Socialista de Pontevedra saíron este sábado á rúa en sinal de apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
Fixérono protagonizando unha concentración á primeira hora da mañá xunto á sede do PSOE pontevedrés, en San Roque.
Esta acción coincide coa mobilización a nivel nacional convocada en Ferraz, e para a que se fretou un autobús desde Pontevedra que partiu en dirección á capital de España na medianoite do venres.
Tal e como recoñeceu na convocatoria da protesta o portavoz local do PSOE, Iván Puentes, o motivo da mesma era pedir a Pedro Sánchez "que resista, que non ceda ás malas artes e a esta política embarrada que a dereita e ultradereita cultivan en España dende hai demasiado tempo, na que parece que todo vale".