O Auditorio Emilia Pardo Bazán acolle unha charla informativa sobre o autismo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Asociación Neen@s organiza este sábado 27 de abril unha xornada dedicada ao autismo coa que finalizan as iniciativas desenvolvidas desde o 15 de febreiro deste 2024 destinadas a tratar de maneira conxunta a Síndrome de Angelman e o Trastorno do Espectro do Autismo.
A partir das 18.00 horas do sábado 27, o Auditorio Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo desenvolverase a segunda Conversa Formativa, de acceso libre ao público. A actividade conta co apoio do Concello de Sanxenxo.
Durante o evento, as persoas asistentes poderán ver a actuación de Soalleira de Dorrón; os entremeses de Chus Piñeiro; e unha homenaxe especial a unha persoa que traballou con alumnado con autismo.
O acto continuará cunha conversación formativa a cargo de Ana Victoria González, graduada en Logopedia; Sandra Fernández, licenciada en Pedagoxía e terapeuta voluntaria na Asociación Neen@s Sanxenxo; e Francisco Violat, Máster en Astronomía e Astrofísica, participante de análise lingüística.