O informe do secretario do pleno cuestiona o "decretazo" para aprobar o orzamento
Por Redacción
"Le pedimos al alcalde que no incumpla la ley y que haga las cosas como tiene que hacerlas", reclama o portavoz do PP, Rafa Domínguez, despois de que un informe do secretario do pleno cuestionase a aprobación do orzamento municipal mediante un decreto da Alcaldía.
Neste documento, que ten 25 páxinas, o secretario conclúe de maneira "taxativa", segundo o cualificou Domínguez, que todos os asuntos relativos ao orzamento municipal, incluídas as súas alegacións, deben ser aprobados polo pleno.
Co orzamento, engadiu o líder do PP pontevedrés, "hay que hacer las cosas bien y de forma escrupulosa", polo que os populares reclamarán que as alegacións ás contas de 2024, que non foron admitidas pola xunta de goberno municipal, se voten no pleno.
Este informe xurídico, engadiu a edil Pepa Pardo, era "total y absolutamente necesario" e, ao seu xuízo, está argumentado cunha fundamentación xurídica e doctrinal "impresionante", sostendo que "no se le puede hurtar" ao pleno as súas competencias para esta materia.
"Queremos que el alcalde respete el principio democrático", asegurou Pardo.
Os populares descartan que a votación das alegacións no pleno poidan bloquear de novo estas contas porque estas admítense ou se rexeitan por "causas tasadas" e os informes técnicos municipais conclúen que as presentadas "no entran en esas causas".
Pepa Pardo lembrou que no PP "siempre hemos seguido los criterios que dan los técnicos", a diferenza do goberno municipal, ao que lle reclaman que "recapaciten".
"No se puede jugar es con la voluntad democrática de los pontevedreses y lo que dicen todos los técnicos es que los presupuestos es el pleno el que decide y vota", sentenciou Domínguez.
Relacionadas:
-
O PSOE critica a "situación de parálise na que o BNG ten sumida a Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Domínguez esixe priorizar os investimentos municipais nas once mocións do PP apoiadas polo BNG
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra eleva o seu orzamento ata os 116,5 millóns de euros tras liquidar as contas de 2023
Por Alejandro Espiño |