Os preparados de peixe do obradoiro de emprego de pesca serán doados ao comedor social
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As cociñas do Espazo Emprendedor de Marín xa acollen as prácticas do obradoiro dual de emprego nas modalidades de pesca e acuicultura.
Alí, o alumnado está a realizar diversos preparados con peixes, elaborados que tras estas prácticas serán doadas ao comedor social do municipio.
Coa realización deste obradoiro os alumnos formaranse nos certificados oficiais de Pesca e Elaboración de Produto da Pesca e Acuicultura, no que se están formando neste momento, así como de Industrias de Produtos da Pesca e Acuicultura, que terán comezo en xuño.
Por outro lado, as inscritas na especialidade de Atención Sociosanitaria, que se formarán nos certificados de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, comezarán a formarse en xuño.
Será no servizo de axuda no fogar do Concello de Marín.
Este mes de abril, as alumnas desta especialidade comezaron a recibir visitas de empresas que xestionan este servizo, como Galáurea e Idades.