Á venda no Mercado de Pontevedra unha raia de 28 quilos capturada no Grove
Por Redacción
Nas bancadas do Mercado de Abastos de Pontevedra a protagonista este sábado era unha raia duns 28 quilos de peso.
Foron numerosos os clientes que fixeron fotografías cos seus móbiles a este exemplar que, segundo explicou o responsable do posto, Santi Pesqueira, de Pescados Cachadas, foi capturado na ría de Arousa por un barco do Grove onde tamén foi poxado en lonxa.
O pasado mes de marzo outra embarcación desta localidade capturou outra raia enorme cun peso de 52 quilos.
Nesta ocasión descoñecemos que cliente adquiriu este descomunal pescado pero, sen dúbida, necesitaría axuda para levalo a casa.