Os coches clásicos regresan a Meaño o 17 de maio
Por Redacción
Os coches clásicos chegarán a Meaño o 17 de maio da man da Asociación Escarabellos do Salnés en colaboración co Concello.
Será a segunda edición da xuntanza, que terá un aforo máximo de 100 vehículos con data anterior ao ano 1990.
A recepción, segundo indicou o Concello, terá lugar a partir das 10:00 horas desde a Praza do Corazón de Dena, desde onde partirán os coches para posteriormente facer unha ruta polo municipio.
Entre as actividades programadas tamén está previsto facer un pincho na Capela de San Benito de Lores e unha visita ao taller do escultor Francisco Pazos (Cobas).
O xantar será a cargo de catering Senin, no pavillón de Xil, cun precio de 40 euros por persoa (38 de inscripción e 2 para o sorteo dunha obra de Francisco Pazos).
As inscripcións poderán facerse ata o vindeiro 10 de maio a través do teléfono 658855383.