Unha muller en cadeira de rodas, ferida leve nun atropelo en Eduardo Pondal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller resultou ferida de cáracter leve a media mañá deste mércores nun atropelo no centro de Pontevedra.
O sinistro produciuse ás 11.30 horas na avenida Eduardo Pondal.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o aviso chegoulles a través dos servizos sanitarios do 061. Foron os primeiros en chegar ao lugar e confirmaron que esta muller estaba ferida "leve".
O 112 deu logo traslado á Policía Local de Pontevedra, que se desprazou ao lugar xunto cunha ambulancia do 061.