Unha investigación pontevedresa indaga sobre a influencia das tecnoloxías dixitais nos hábitos de saúde dos adolescentes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As investigadoras da Universidade de Vigo Ana Rey e Inés Táboas teñen en marcha un estudo para coñecer o uso que as e os adolescentes galegos fan das tecnoloxías dixitais para a promoción da saúde.
O estudo indaga sobre a influencia de tecnoloxías como unha aplicación que permite coñecer as calorías queimadas; a busca de información en internet sobre alimentación, actividade física, benestar psicolóxico ou sexualidade; ou cuestións sobre recomendacións en materia de saúde nas redes sociais.
Ana Rey, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra e coordinadora do estudo, explica que diferentes estudos no ámbito internacional "teñen constatado beneficios no uso da tecnoloxía dixital, pero tamén aspectos negativos", e este estudo busca coñecer que está a acontecer cos mozos e mozas, cal é o poder que ten a tecnoloxía para modificar as condutas.
"Non falamos tanto da tecnoloxía nunha dimensión medicalizada, senón do seu uso para a promoción da saúde", engade Ana Rey, que incide en que se trata do primeiro estudo que analiza estas cuestións con poboación adolescente en Galicia.
Este estudo forma parte dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e coordinado pola Universidad Complutense de Madrid. E conta cunha achega da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo, que permitiu a adaptación dun cuestionario.
O traballo insírese á súa vez no proxecto de investigación ¿Tecnologías digitales para estilos de vida saludables? Un estudio colaborativo para desarrollar pedagogías críticas sobre salud digital con y para jóvenes (SaludDigitalEdu), que coordina a investigadora da Complutense María José Camacho.
As investigadoras buscan reunir as visións de 800 estudantes de secundaria de diferentes partes de Galicia.
Relacionadas:
-
A por unha praza para estudar en Pontevedra o grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Por Redacción |
-
Un estudo revela unha "preocupante frecuencia" do acoso dixital ás mulleres
Por Redacción |
-
María José Lozano presenta a novela 'Yo no te cuido', baseada na secuela dos malos tratos e a violencia de xénero
Por Redacción |