Un camión cargado con penso envorca e sementa a estrada de Vilagarcía en Barro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un camión da empresa Avigal-Avícola de Galicia envorcou na tarde deste martes na estrada PO-531 en Barro e, no accidente, perdeu toda a carga que levaba, un cargamento de penso.
Todo o produto alimentario quedou tirado no medio da calzada, na estrada que une Pontevedra con Vilagarcía ao seu paso por Curro (Barro) e foi necesario que operarios da empresa se desprazasen ata alí para recollela. Fixérono a man, con pas, con axuda dos veciños.
Segundo indicou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 16.20 horas no lugar de Fonte do Curro, onde o condutor do camión perdeu o control por motivos que se descoñecen e envorcou. Ningunha persoa quedou atrapada, pero si houbo feridos.
Ao lugar do sinistro desprazáronse efectivos de Urxencias de Galicia 061, Protección Civil de Barro e a Garda Civil de Tráfico, que regulou a circulación mentres perduraron as tarefas de limpeza da calzada.
COLISIÿN DE TRES COCHES
O 112 tamén tivo constancia dun accidente con feridos na rúa Rafael Areses de Pontevedra ás 14.15 horas deste martes.
O sinistro consistiu nunha colisión con tres vehículos implicados no que, polo menos, unha persoa resultou ferida.
Un camión envorca e sementa de penso a estrada en Barro
Un camión da empresa Avigal-Avícola de Galicia envorcou na estrada PO-531 en Curro e, no accidente, perdeu toda a carga que levaba, un cargamiento de penso
© Mónica Patxot