A estación de Pontevedra contará con 14 puntos de recarga de vehículos eléctricos
Por Redacción
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, anunciou a próxima instalación na estación de trens de Pontevedra de 14 puntos de recarga en superficie para coches eléctricos con enerxía xerada por fontes renovables.
A actuación terá un investimento total de 270.000 euros.
Abel Losada estivo este luns no aparcamento da estación pontevedresa, onde informou de que no conxunto da provincia Adif instalará un total de 34 novos puntos de recarga en 5 estacións de ferrocarril.
Adif e Adif Alta Velocidade veñen de adxudicar a subministración, a instalación, a operación e o mantemento destes puntos de recarga por un importe de 699.070,26 na provincia e un prazo de execución de 30 meses. A empresa que se encargará deste servizo é Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos.
Tal e como explicou o subdelegado, con esta iniciativa búscase impulsar “o transporte limpo nos traslados desde e cara ás estacións ferroviarias e incrementar os servizos aos viaxeiros nestes espazos, chamados a converterse en nodos de mobilidade sostible e intelixente”.
As estacións da provincia que contarán con estes novos puntos de recarga de vehículos son as de O Porriño, Pontevedra, Redondela, Vigo, Vilagarcía.
Relacionadas:
-
Carme da Silva fala do "Eixo Atlántico" e o presidente do Senado corríxelle para que fale "en castellano"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP presenta unha moción para que o Concello de Pontevedra esixa ao Goberno a chegada dos trens Avril
Por Oskar Viéitez |
-
Adif instalará puntos de recarga de vehículos eléctricos nas estacións de Pontevedra e Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
O ministro de Transportes chega a Pontevedra nas probas da alta velocidade acompañado dos Reis Magos
Por Oskar Viéitez |