Avogados da quenda de oficio convocan unha concentración para visibilizar a súa protesta
Por Oskar Viéitez
A Plataforma Dignidade Avogacía Pontevedra convocou unha concentración na Praza da Peregrina, será este mércores 3 de abril, ás 12:30 horas.
Pasada a Semana Santa, a avogacía pontevedresa retoma a súa campaña de comunicación dirixida a "concienciar a toda a sociedade sobre a situación real da profesión".
En primeiro lugar, queren visibilizar a "precariedade" na que se desempeña a quenda de oficio.
Este servizo público é de obrigada prestación polos Colexios de Avogacía, e segundo advirten, os avogados que forman parte da quenda de oficio perciben unha "insuficiente indemnización".
Tamén apuntan que a Xunta "non asume cotización algunha polo traballo realizado" e "achega cantidades que non son suficientes para soster todo o gasto que corresponde á quenda de oficio", o que determina a necesidade de que parte das cotas colexiais teñan que ser destinadas a tal fin, uníndose a todo iso que os profesionais deben valerse dos seus propios medios, non dispoñendo, tampouco, do mesmo acceso ás instalacións e medios dos xulgados de garda cos que si conta o Ministerio Fiscal.
Ademais, esta Plataforma protesta porque a avogacía da quenda de oficio ten as súas prestacións sociais integradas na Mutualidade da Avogacía, polo que reclaman o acceso a unhas pensións de xubilación e de incapacidade "dignas", xa que son moitos os profesionais que despois de toda unha vida de traballo perciben pensións inferiores ás pensións non contributivas ou o ingreso mínimo vital. De feito, o propio Colexio da Avogacía de Pontevedra destina cada ano parte do seu orzamento para complementar as pensións dos seus compañeiros xa xubilados.
Desde o Colexio de Pontevedra, tramítanse máis de 10.000 expedientes de xustiza ao ano, con outros tantos beneficiarios deste dereito.
Relacionadas:
-
Avogados recollen firmas contra normas dos xulgados herdadas da pandemia que "no estamos dispuestas a tolerar más"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Avogados e procuradores trasladan as súas demandas á Xunta
Por Redacción |
-
Os avogados, en loita: "Somos unha peza fundamental da administración de xustiza e non se nos respecta como tal"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Plataforma Dignidade da Avogacía de Pontevedra traslada as súas reivindicacións ao subdelegado do Goberno
Por Oskar Viéitez |
-
A quenda de oficio mantén a folga e estuda novas vías de protesta
Por Oskar Viéitez |
-
O Colexio de Avogados de Pontevedra apoia o dereito á folga da quenda de oficio
Por Natalia Puga |
-
Folga indefinida dos avogados da quenda de oficio: "Somos unos esclavos"
Por Oskar Viéitez |