Enfróntase a catro anos de prisión por vender unha papelina de cocaína na praza de España
Por Natalia Puga
A Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará esta semana un pontevedrés para o que a Fiscalía pide catro de prisión por vender cocaína na praza de España da cidade do Lérez.
O home, natural de Colombia, pero residente en Pontevedra, será xulgado o vindeiro xoves 4 de abril ás 11.00 horas na sección segunda da Audiencia.
A Fiscalía sostén que é autor dun delito contra a saúde pública e, ademais de catro anos de prisión, pide para el o pago dunha multa 542 euros e o comiso da cocaína intervida e os 57 euros que levaba cando foi detido.
Os feitos polos que será xulgado ocorreron sobre as 00.45 horas do 16 de outubro 2022. Tras supostamente vender unha papelina de cocaína a cambio dunha cantidade indeterminada de diñeiro, a Policía Nacional identificoulles tanto a el como ao comprador.
Os policías estaban a realizar unha vixilancia previa, de modo que presenciaron o intercambio e interviñeron a cocaína supostamente vendida. Ademais, o acusado levaba encima cinco papelinas dunha substancia que resultou ser cocaína e 57 euros produto da súa actividade ilícita.