Un motorista resulta ferido ao caerse da moto en Domingo Fontán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un motorista resultou ferido á primeira hora a mañá deste mércores tras caerse do seu vehículo cando circulaba pola avenida Domingo Fontán.
Segundo confirmaron desde a Garda Civil de Pontevedra, o accidente produciuse sobre as 6.45 horas da mañá e, como consecuencia da caída, o motorista tivo que recibir asistencia médica.
Así, foi trasladado en ambulancia ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra, onde entrou, en principio, con prognóstico leve.
Na avenida Domingo Fontán, e ata a rotonda do Nó de Bombeiros, quedou unha mancha de gasóleo na calzada.
Ata o lugar trasladáronse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Garda Civil de Tráfico e tamén persoal do servizo de mantemento de estradas para a limpeza da vía.