Uns papeis sobre unha vitrocerámica provocan un conato de incendio nun piso
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Os bombeiros de Pontevedra acudiron a primeira hora da mañá deste mércores ata a rúa Gonzalo Gallas, na contorna do Hospital Provincial e San Antoniño, ante un conato de incendio iniciado nunha cociña.
Segundo a información oficial facilitada polo Concello de Pontevedra, a causa deste conato foron uns papeis que había sobre a vitrocerámica.
O aviso produciuse pouco despois das sete da mañá no mesmo edificio no que os bombeiros xa actuaron o pasado 6 de marzo por unha chamada similar, aínda que nun piso diferente.
No momento no que os bombeiros acudiron á chamada, non había ninguén no domicilio e entraron por unha estada que teñen colocada no edificio para arranxar a fachada.
Este conato de incendio non deixou feridos nin foi necesario desaloxar ningún veciño. Os bombeiros extinguiron o lume e procederon a ventilar a vivenda.