Cruz Vermella organizou unha recollida de lixo na contorna urbana do río Lérez
Por Oskar Viéitez
Voluntariado da Cruz Vermella en Pontevedra realizou esta fin de semana unha recollida de lixo pola contorna urbana do río Lérez.
Participaron 23 persoas voluntarias e recolléronse 18 bolsas de lixo.
Esta iniciativa enmárcase nunha colaboración entre Cruz Vermella e LIBERA (un proxecto de SEO/Birdlife en alianza con Ecoembes) para evitar a deterioración ambiental e impulsar as boas prácticas para coidar e preservar a natureza.
"Basuraleza" é un termo acuñado desde o Proxecto LIBERA que define a contaminación das contornas naturais por residuos de orixe humana, unha catástrofe ambiental que afecta a todas as especies. O obxectivo da campaña "basuraleza" é incidir na prevención para que os residuos que xeramos non sexan abandonados en contornas naturais.
Os residuos plásticos son os que máis predominan en todas as campañas de recollida, cun 36,4% de presenza sobre o total de desfeitos, e os obxectos máis contaminantes por excelencia son as cabichas seguido das latas de bebida e bolsas.
Relacionadas:
-
Un día para conmemorar a existencia da Cruz Vermella
Por Redacción |
-
O Concello estudará as "novas posibilidades" que se abren para a zona da Ponte do Couto onde había un asentamento chabolista
Por Oskar Viéitez |
-
Desmantelan parte do asentamento chabolista de Ponte do Couto
Por Natalia Puga |
-
Retiran 2.300 quilos de residuos do fondo do porto de Portonovo
Por Redacción |