Adxudicadas por máis de 3,1 millóns de euros as obras que completarán a mellora integral da estrada PO-235
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7fc/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ebea4d765-traballos-estrada-po-235-no-concello-da-lama-1-.jpeg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d87/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/660198665c-sin-titulo.jpg)
© Xunta de Galicia
A Xunta adxudicou por 3.116.543 euros as obras que completarán a mellora integral da estrada PO-235 no concello da Lama.
Trátase da execución das obras da terceira fase de acondicionamento desta estrada autonómica ao longo de case 7 quilómetros, entre a parroquia de Seixido e ata A Portela da Cruz, xa no límite coa provincia de Ourense.
O contrato, adxudicado á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., asinarase nos vindeiros días e as obras iniciarase, previsiblemente, a finais de abril, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Os traballos contan cun prazo de execución de 12 meses.
Ampliarase a calzada ata os 7 metros de ancho e mellorarase o seu trazado en diversas curvas, incluíndo a renovación do firme da estrada e a capa de rodaxe, así como a adaptación da drenaxe transversal da plataforma con tres puntos principais de evacuación.
A intervención culmina as actuacións de acondicionamento integral da vía ao longo dos seus 25 quilómetros, grazas a un investimento autonómico de 7,6 millóns de euros.