"¿Qué más tiene que pasar?" na Praza da Ferrería, lamenta Rafa Domínguez, para que se tomen medidas
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d78/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65f2f5206b-20240314seguridadciudadana_pp-2-493137-.jpeg)
© Partido Popular de Pontevedra
O que está a suceder na Praza da Ferrería, segundo denuncia o Partido Popular, "non son incidentes aislados", senón problemas de convivencia "reiterados" desde hai tempo e ante os que o goberno municipal, asegura Rafa Domínguez, "no está haciendo nada".
Esta conflitividade, lamentou o portavoz popular, "se está generalizando y agravando" e se pasou de ameazas verbais e insultos aos veciños a agresións físicas e unha "actitude desafiante" por parte dos indixentes que se reúnen nas inmediacións da praza.
"Está yendo a más y un día nos vamos a encontrar con una desgracia", subliñou Domínguez, que se pregunta "¿qué más tiene que pasar para que el alcalde haga algo?" e se tomen medidas "de inmediato" para protexer aos cidadáns que residen alí.
Crítico coa "desidia" do goberno municipal, o líder do PP asegurou que a imaxe que se está dando da cidade é "inadmisible", xa que entende que non se está facendo "absolutamente nada" para poñer fin ás reiteradas agresións que sofren os cidadáns.
Aínda que recoñece que é unha situación de "difícil solución", Rafa Domínguez lembrou que o alcalde "tiene la obligación" de buscar unha convivencia cívica na cidade e "imponer el orde" nas proximidades da Praza da Ferrería.
A este respecto, a edil Silvia Junco reclamou que se reforce a presenza policial, que mellore a iluminación na cidade ou que se reforce o labor dos servizos municipais para ofrecerlles alternativas ás persoas sen teito que se reúnen nestas zonas.
HABERÁ XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE O 22 DE MARZO
Os problemas de convivencia que se están rexistrando na Praza da Ferrería ou en Augusto García Sánchez será "un dous principais asuntos" que abordará a Xunta Local de Seguridade, que se celebrará o 22 de marzo, segundo avanzou a edil de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde.
Aínda que inicialmente estaba fixada para o 5 de abril, Concello e Subdelegación decidiron adiantala para que se celebre antes da Semana Santa, para estudar as medidas que se poidan adoptar para "minimizar" esta problemática.
Vilaverde asegurou que "entendemos á veciñanza" que sofre a diario esta conflitividade, aínda que recoñeceu que resolver esta situación "é difícil". A pesar diso, garantiu que "faremos o que estea nas nosas mans" para resolvelo.
A Policía Local, segundo a tenente de alcalde, "está enriba da cuestión desde hai tempo" e aumentou a súa presenza nas zonas afectadas, nas que se reforzou tamén os labores de limpeza e o traballo dos servizos sociais municipais.
Ademais, sostivo Eva Vilaverde, intensificouse a coordinación coa Policía Nacional, que é a que ten competencias sobre a seguridade cidadá; e no marco da Xunta Local de Seguridade estudaranse a adopción de máis medidas ao respecto.