Queres saber cales son os nomes e apelidos máis comúns no teu concello?
Por Redacción
O Instituto Galego de Estatística permite consultar a distribución municipal dos nomes e apelidos.
María, Carmen e Manuel, son os nombres más comunes en Pontevedra e os apelidos máis repetidos na Boa Vila son García, Rodríguez e Fernández.
Usar esta ferramenta é moi sinxelo xa que tan só hai que seleccionar no buscador ou no mapa o concello que nos interesa.
Ademáis, se o desexamos, o IGE ofrece un apartado para coñecer a distribución municipal dos antropónimos. Pódese facer unha busca por sexo e por coincidencia. Con tan só teclear o nome e darlle a buscar, aparecerá un mapa de Galicia con concellos coloreados. En verde máis escuro, os que teñen maior frecuencia e en cor máis claro, o que menos. Ata chegar ao branco, que indica que menos do 0,8% da súa poboación ten este antropónimo.
Os apelidos tamén teñen a súa propia aplicación e co mesmo sistema de funcionamento.