O Centro Comarcal da Tafona, en Caldas de Reis, pasa a ser municipal
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, visitaron este venres o concello de Caldas de Reis para asinar co seu alcalde, Juan Manuel Rey, a reversión do Centro Comarcal da Tafona ao Concello.
O Centro Comarcal de Caldas está ubicado na Finca A Tafona, nunha parcela de preto de 500 metros cadrados.
Actualmente é sede da Oficina Agraria Comarcal, que se manterá polo importante servizo que está a prestar aos agricultores e gandeiros da zona. Ademais, o Concello está a estudar distintas posibilidades para dotar ao edificio de novos usos.