A última ostreira de Arcade será homenaxeada en Soutomaior
Por Redacción
Isabel Seoane, a última ostreira de Arcade, será homenaxeada no marco da Festa da Ostra, que se celebrará en abril. Así o decidiu o Consello Feminista Municipal na súa primeira xuntanza.
Trátase dun recoñecemento que o goberno municipal outorgará de maneira anual a diferentes mulleres que teñan feito durante a súa traxectoria vital e profesional ou fagan actualmente achegas significativas á igualdade en Soutomaior.
Esta primeira reunión do Consello Feminista Municipal de Soutomaior estivo presidida polo alcalde Manu Lourenzo, quen agradeceu a participación dos grupos políticos da corporación municipal e das distintas asociacións municipais, que contan coa figura da vogalía da muller.
O rexedor tamén aproveitou esta sesión do consello para presentar ante as asociacións a programación do 8M, baixo o lema ‘Abrindo costuras’, que comezou co obradoiro de bordado "Fiando a nosa historia feminista", impartido pola artista téxtil mexicana Maritza Berttolini.
Lourenzo reivindicou a María 'A das Mil Flores' ou María 'A Coxa', principal figura recoñecida na campaña do 8M de Soutomaior e que precisamente dá nome ao galardón que recibirá a ostreira Isabel Seoane.
A concelleira de Igualdade, Rosana Martínez, foi quen asumiu a presidencia do Consello Feminista Municipal de Soutomaior, que a exercerá durante o resto do mandato.
A edil sinalou que este organismo "servirá para vez para dar un maior impulso ás políticas de igualdade do noso concello", co obxectivo de "seguir a escribir as páxinas do futuro feminista que todos e todas queremos para Soutomaior".
Relacionadas:
-
A Ostra de Arcade chega aos centros educativos da man de Divulgaciencia
Por Redacción |
-
8M | Soutomaior recuerda a María 'A das mil flores': "Moito lle tería gustado esta homenaxe"
Por Redacción |
-
Estudantes universitarios demandan "seguir traballando na consecución da igualdade de xénero"
Por Oskar Viéitez |
-
As costureiras do municipio protagonizan os actos do Día da Muller en Soutomaior
Por Redacción |
-
O CIM de Soutomaior atendeu un total de 570 consultas no 2023
Por Redacción |