Rescatan un 'kitesurfista' que fora arrastrado mar adentro en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou este xoves a un deportista que caera ao mar mentres practicaba 'kitesurf' en compañía dun amigo na praia das Sinas (Vilanova de Aroua).
Segundo informa 112 Galicia, foi o propio compañeiro do 'kitesurfista' o que alertou os servizos de urxencia, despois de que ao seu amigo se lle rompese a cometa e fora arrastrado mar dentro. Foi contra ás 19.00 horas.
De inmediato, pasouse aviso a Salvamento Marítimo, que desprazou á embarcación Salvamar Sargadelos e á auxiliar do Irmáns García Nodal, ademais do helicóptero Pesca 1.
Finalmente, o deportista foi localizado pola auxiliar do Irmáns García Nodal "en perfecto estado de saúde", segundo sinalou o servizo de urxencias.
Ante o suceso tamén se informou ao servizo de Gardacostas e solicitouse a colaboración da Policía Local e de efectivos de Protección Civil da localidade.