Detido por quebrantar a orde de afastamento dunha vítima de violencia machista e fuxir da Policía
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A Policía Local interveu nunha alerta por un caso de violencia de xénero a petición dunha vítima, nada en 1989, que advertiu que o seu agresor estaba incumprindo a orde de afastamento. O home, nado en 1993, foi detido ese día.
Segundo informaron fontes oficiais do Concello de Pontevedra, estes feitos tiveron lugar o pasado xoves, 22 de febreiro.
A vítima púxose en contacto coa Policía Local sobre as 03.00 da madrugada xa que o agresor insistira toda a tarde en falar con ela, chamándoa dende números ocultos e mandándolle mensaxes. Ante a insistencia, a vítima accedeu que se achegase ao domicilio onde iniciaron unha conversa que rematou en discusión, chegando o home a collela fortemente polos brazos.
Finamente, a vítima decidiu chamar á Policía, momento que el aproveitou para fuxir da vivenda, deixando o seu vehículo estacionado diante.
Pola mañá, a Policía Local dispuxo un operativo de vixilancia para localizalo nas proximidades da vivenda, agardando que fose buscar o seu vehículo.
Foi arredor das 09.30 horas cando os axentes veno pasar a velocidade superior da permitida nesa zona e ségueno. Nun momento dado, el detén o vehículo e sae correndo. Finalmente foi detido polos axentes, que o puxeron a disposición da Policía Nacional.