![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/27a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/65dc83c192-20240226-patxot-minuto-silencio-concello-0278.jpg)
© Mónica Patxot
Pesar pontevedrés polas vítimas do incendio no edificio de Valencia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a01/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65dc83b35b-20240226-patxot-minuto-silencio-deputacion-0274.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d97/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65dc83d3d0-20240226-patxot-minuto-silencio-concello-0279.jpg)
© Mónica Patxot
Pontevedra mostraba este luns a súa solidariedade e o seu pesar coas persoas falecidas e afectadas polo incendio que se rexistraba o xoves 22 na avenida do Maestro Rodrigo, no barrio de Campanar da cidade de Valencia.
Ás 11.00 horas, o Teatro Principal acollía o minuto de silencio que a corporación municipal gardaba en memoria das vítimas, antes de que se iniciase o pleno do mes de febreiro.
Unha hora máis tarde, responsables políticos da Deputación de Pontevedra e tamén persoal da institución concentrábanse nas escaleiras do Pazo Provincial na avenida Montero Ríos coa intención de mostrar o seu agarimo e solidariedade desde a provincia coas persoas que resultaron afectadas pola terrible traxedia que se saldaba con dez falecementos.
Neste acto estivo presente o presidente provincial Luis López; ademais dos deputados Jorge Cubela, Sandra Bastos, Isabel Couselo e Javier Tourís.
Estas concentracións, tamén convocadas en concellos da contorna, realízanse porque tamén o Senado convocaba un minuto de silencio en Madrid este mediodía. Ademais, a Federación Española de Municipios e Provinciais instaba a todos os municipios de España a convocar un acto similar en todos os concellos españois.
Durante as últimas horas, operarios municipais de Valencia realizaban tarefas de limpeza coa retirada de residuos, cinza e outros elementos. A investigación atópase baixo secreto de sumario mentres a policía científica traballa no esclarecemento das causas do incendio.
Solidariedade desde toda a provincia coas vítimas do incendio de Valencia
Pontevedra mostrou este luns a súa solidariedade e o seu pesar coas persoas falecidas e afectadas polo incendio que se rexistraba o xoves 22 na avenida do Maestro Rodrigo, no barrio de Campanar da cidade de Valencia
© PontevedraViva