Deteñen un veciño de Pontevedra por roubar en coches de Arcade e nunha vivenda de Pontesampaio
Por Redacción
Dous veciños de Pontevedra, JC.P.E., de 40 anos de idade, e a súa compañeira sentimental, RG.F.R., de 33 anos, son os supostos responsables, segundo a Garda Civil, do roubo en interior de dous vehículos estacionados nas rúas da localidade de Arcade (Soutomaior). El foi detido e ela imputada como consecuencia deste suceso.
A raíz das investigacións que axentes do Posto da Garda Civil de Soutomaior viñan realizando para o esclarecemento do roubo no interior de dous vehículos, este mércores procederon á localización e a detención do suposto autor e á imputación da súa parella, acusada de ser a coautora do delito.
No momento da detención interviñéronselles, no interior dun carro de compra, dous abrigos de señora de pel. Non puideron acreditar a procedencia dos mesmos.
Tras ser conducidos ao cuartel da Garda Civil, os axentes imputaron tamén a JC.P.E., o roubo no interior dun domicilio en Pontesampaio (Pontevedra) onde, entre outros efectos, susbtraera os dous citados abrigos, que foron recoñecidos e entregados ao seu lexítimos donos.
O detido, xunto coas dilixencias instruídas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Redondela, onde tamén terá que comparecer a imputada cando para sexa requirida para elo.