O TapaLacón incluirá dúas demostracións culinarias da man do chef Iván Méndez e a blogueira Tere Rico
Por Redacción
O TapaLacón de Cuntis, proposta gastronómica que serve como antesala da Festa do Lacón con Grelos, volverá contar este ano con sendos ‘showcookings’ impartidos por dous grandes especialistas da cociña tradicional galega, como son o chef Iván Méndez e a blogueira, autora do espazo virtual 'Un momento dulce', Tere Rico.
Repítese, deste xeito, a proposta do ano pasado, que tan boa resposta tivo.
O Concello de Cuntis informa de que estas sesións terán lugar na Casa do Médico.
O venres 23 de febreiro, ás 18.30 horas, Iván Méndez, un clásico xa na programación do TapaLacón, amosará exquisiteces salgadas de lacón con grelos, ofrecendo diferentes propostas vencelladas á especialidade gastronómica estrela de Cuntis.
Xa o sábado 24, ás 11.00 horas, chegará a quenda de Tere Rico, que explicará a mellor maneira de elaborar produtos típicos do Entroido.
Desde a Concellería de Turismo explican que porase a disposición da cidadanía un total de 20 prazas por obradoiro e será necesaria inscrición previa.
As anotacións poden realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e tamén chamando ao número de teléfono 986533600 ou enviando un correo electrónico a omix@concellodecuntis.es.
O Concello lembra que serán dez os participantes nesta edición do TapaLacón. Trátase de A Bolera, O Moncho, Don Manuel, O Traspaso, A Casa da Burga, O Parladoiro, O Paseo, O Fogar do Pensionista, A Morena e A Fontiña.
Cada tapa terá un prezo dun euro. As persoas que consuman estas especialidades entrarán no sorteo de diferentes agasallos. O horario do TapaLacón será de 19.00 a 23.30 horas tanto o venres 23 como o sábado 24, mentres que o domingo 25 serviranse desde as 11.00 horas, ata as 15.30.
Durante estas tres xornadas encargaranse de amenizar o evento a Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis, así como o grupo folclórico Hai que Roelo.
Por outra banda, desde o Concello de Cuntis tamén se lembra que desde este mércores 21 de febreiro xa se poderán realizar as reservas para a degustación de lacón da Festa do Lacón con Grelos, o vindeiro domingo 3 de marzo. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de febreiro, inclusive.
Os pases, cun custe de 20 euros, poderanse obter na plataforma virtual woutick.es. Tamén é posible efectuar a reserva a través da OMIX.
Relacionadas:
-
Cuntis recoñece a un mítico da súa hostalería, o Café Quico, no inicio da XXV Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
Cuntis presenta unha ampla programación para celebrar os 25 anos de vida da Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
Cuntis quenta motores para a Festa do Lacón con Grelos cun exitoso Tapalacón
Por Redacción |
-
O mal tempo obriga a Cuntis a suspender definitivamente o seu desfile de Entroido
Por Redacción |
-
Estudantes con discapacidade intelectual da Asociación Xoán XXIII fórmanse para ser guías turísticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Regresa TapaLacón, tapas a un euro do 23 ao 25 de febreiro en dez locais de Cuntis
Por Redacción |
-
Antonio José ofrecerá un concerto na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
"Un show moi guapo" para amenizar a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis
Por Redacción |
-
Pepo Suevos, pregoeiro da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
A artista cuntiense Tere Fernández Pena realizou o cartel da Festa Gastronómica do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
A Festa do Lacón con Grelos en Cuntis celebrará o 25 aniversario nos tres primeiros días de marzo
Por Redacción |