O programa 'Novas sendas' chega a Soutomaior cunha ampla oferta formativa
Por Redacción
O Concello de Soutomaior lanza 'Novas Sendas', un programa que forma parte da planificación estratéxica municipal de desenvolvemento local, no eido socio-formativo-laboral, para o ano 2024.
As inscricións para este programa serán en liña a partir do martes 20 de febreiro ás 9:00 no seguinte enlace (FAI CLIK AQUÍ).
A principal finalidade é favorecer o progreso económico e social das persoas para acadar un maior equilibrio na igualdade de oportunidades garantindo un proceso de adquisición de competencias que responda a necesidades plurais e á diversidade local á vez que respectuoso e accesible para as persoas máis desfavorecidas.
Encádrase no Plan Estratéxico Municipal de Mocidade, Cultura e Ensino do Concello de Soutomaior.
Trátase dun programa que busca autonomía a través do emprego e a formación complementaria, que tamén conta con accións educativas non formais complementarias, que ten unha continuidade na planificación municipal e que se desenvolve desde fai anos que inclúe accións formativas destinadas á formación para o emprego, á formación continua-reciclaxe, á adquisición de novas competencias, á formación permanente e ao longo de todas a vida das persoas.
Con este Programa Municipal de Formación para o emprego e para a adquisición de competencias para a vida dende o Concello de Soutomaior teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción no mercado de traballo das persoas desempregadas do municipio e tamén axudar ao crecemento intelixente, sostible e integrador do municipio contribuíndo ao logro da cohesión económica, social e territorial para reducir a desconexión do mercado de traballo e os niveis de exclusión social a longo prazo facilitando o acceso á formación e á adquisición de múltiples competencias.
O Concello de Soutomaior proxecta desenvolver durante o ano 2024 este programa para que as persoas teñan oportunidades e poidan dar resposta aos desafíos que se lles presentan no actual contexto, para o cal ofrecerá unha ampla e variada oferta formativa que se desenvolverá nunha primeira fase ao longo dos meses de febreiro a xuño e unha segunda fase que se desenvolvería durante o período de outubro a decembro coa o formación en linguas, horticultura e poda entre outras.