Luz verde á construción dun edificio de 44 vivendas no Burgo
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou a licenza solicitada para a construción dun edificio con entrada desde as rúas Martín Códax e a praza da Santiña na Avenida da Coruña.
A obra executarase nunha parcela de 1.225,42 metros cadrados.
Está prevista a construción dun edificio de catro plantas nas que se distribuirán 44 vivendas e un baixo comercial. Ademais o inmoble dispoñerá de dous sotos para garaxes con capacidade para 80 prazas de aparcamento.
O orzamento da obra é de 4.483.359 euros.
A obra do chamado Edificio Ponte do Burgo, está promovida polo Grupo Pirsa que dispón dun prazo de execución de dous anos.
A tramitación deste proxecto foi lenta debido á necesidade de obter permisos e solicitar informes por parte de Patrimonio e do Xacobeo, E realizar as escavacións arqueolóxicas, entre outros requirimentos.