Unhas boias amarelas delimitarán a canle de nado entre as praias de Silgar, Baltar e Caneliñas
Por Redacción
Todas as praias do municipio de Sanxenxo estarán este verán próximo balizadas de forma que quedarán separadas as zonas de baño das zonas de recreo naútico. Para iso estanse ultimando os trámites administrativos entre a empresa municipal de Turismo e a firma Trames, que se encargará da dotación e mantemento durante catro anos. Isto suporá unha inversión de algo máis de 273.000 euros.
Así, estes balizamentos que xa estaban en boa parte dos areais, ampliaranse á súa totalidade, ata vinte e un. Para Semana Santa colocaranse e dotarán de iluminación LED nas praias urbanas de Panadeira, Canelas, Silgar, Baltar e Caneliñas. Nestas tres últimas ademais delimitaranse as canles de nado.
Boias amarelas marcarán un percorrido de 1.800 metros desde o extremo dereito da praia de Silgar, bordeando Punta Vicaño polo mar ata Baltar. Outra da delimitación será de 150 metros en Caneliñas. Este balizamento inclúe flotadores salvavidas por tramos. A adxudicataria encargarase de montaxe e desmonte, mantemento, reparación ou reposición do material etc... que pasará a ser de propiedade municipal unha vez que conclúa o contrato.
Relacionadas:
-
Os aseos das praias de Sanxenxo limparanse cada hora e media durante o verán
Por Redacción |
-
Obxectos de coleccionista abrirán a I Feira de Antigüidades no Pavillón da Florida
Por Redacción |
-
Sol, turistas e praias urbanas balizadas para dar a benvida á Semana Santa en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Seis novos arenais sumaranse en Sanxenxo ás "praias sen fume"
Por Redacción |
-
O 2023 foi "un ano de récord" para Sanxenxo, segundo a empresa Civitatis
Por Redacción |
-
A Praza de Travesía Areal en Portonovo quedará comunicada peatonalmente co mercado
Por Redacción |
-
Conta atrás para o verán: os socorristas chegarán con xuño a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Máis prazas de aparcamento e balizamento en catro praias en Sanxenxo para Semana Santa
Por Redacción |