Comeza a limpeza dos treitos interurbanos do Río Maior e do Rego do Portiño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Augas de Galicia vén de iniciar as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Maior e do rego do Portiño, en Vilaboa.
Estas tarefas desenvolveranse nunha lonxitude que rolda os 1,7 quilómetros, no percorrido destes ríos por distintos lugares do municipio.
Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.
Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.
O obxectivo destes traballos é a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.