Protesta baixo a choiva no colexio de Barcelos para esixir ás administracións o arranxo do ximnasio
Por Oskar Viéitez
"Desde outobro sen pavillón. Xunta – Concello solución" pódese ler na pancarta que este xoves os pais a comunidade educativa do colexio Praza de Barcelos colgaron da fachada do colexio.
A pesar das inclemencias meteorolóxicas, tras a entrada dos escolares no centro ás nove da mañá, un grupo de familias de manifestáronse este xoves con "cacharros e chifres" fronte á entrada ao colexio pola rúa Rouco para mostrar o seu enfado coa Xunta e co Concello de Pontevedra para que arranxen o ximnasio do colexio danado polas obras da construción lindeira.
Graciela Lores, presidenta da ANPA O Galo, explicou que convocaron este acto de protesta "porque estamos fartos de que uns tiren a pelota contra os outros".
Mentres as administracións local e autonómica discuten sobre cal das dúas ten a competencia neste asunto o problema segue sen resolverse "isto ao parecer non é de ninguén porque ninguén o quere arranxar", lamenta a presidenta do ANPA.
"Nós o que queremos é un ximnasio digno para os nosos fillos o poidan recibir educación física" explica Graciela Lores "a empresa quere reparar os danos, pero non temos quen firme ou que teña que levar isto a cabo".
A alternativa provisional que lles ofreceron aos pais é que o alumnado de Barcelos de clases de Educación Física nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) unha proposta que rexeitan polos numerosos problemas que supón o traslado diario dos escolares, por exemplo, en días con choiva.
"Non imos a parar. Sempre con educación, non imos meternos en jaleos, nin pedradas, nin moito menos, porque non é o noso, pero sí seguiremos protestando",, advirte o ANPA. A protesta repetirase este venres e os días 15 e 16 de febreiro.
Relacionadas:
-
Volve a tranquilidade á comunidade escolar de Barcelos tras un incidente cun vehículo á saída do centro
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A empresa Gramade poderá iniciar o luns as obras de reparación do colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
A empresa que causou os danos no CEIP Praza de Barcelos asumirá a reparación
Por Redacción |
-
Ás protestas do Froebel polo tellado súmanse as do colexio Barcelos polo ximnasio
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello acusa á Xunta de "tirar balóns fóra" á hora de resolver o estado actual do CEIP Barcelos
Por Redacción |
-
O Concello e a Xunta reuniranse este martes para falar do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
Encargan os estudos técnicos para coñecer o estado do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
O Concello decreta a suspensión inmediata das obras que afectan o colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |