Unha nova válvula e un medidor controlarán o caudal de auga cara a Marín
Por Redacción
Este mércores 7 de febreiro iniciouse na zona de Cantodarea unha actuación para mellorar a subministración de auga en Marín.
En concreto, nunha intervención conxunta entre os concellos de Marín e Pontevedra a través da empresa Viaqua, prevese instalar unha nova válvula entre ambos os dous municipios e un contador.
O obxectivo, segundo os técnicos municipais, é controlar o caudal de auga que entra cara a Marín e illar a tubaxe coa finalidade de poder evitar cortes de subministración se se rexistra algún problema nas Corvaceiras, en Pontevedra.
Os traballos executaranse ao longo desta semana.