A artista cuntiense Tere Fernández Pena realizou o cartel da Festa Gastronómica do Lacón con Grelos
Por Redacción
A artista Tere Fernández xunto ao alcalde Manuel Campos, a tenente de alcalde Conchy Campos e o concelleiro Toño González presentaron este sábado o cartel oficial da Festa do Lacón con Grelos.
A cita gastronómica celebrarase o domingo 3 de marzo e contará con moitas novidades.
A artista inspirouse na famosa estatua da liberdade de Nova York a cal se converte esta vez nun "canto a liberdade de papatoria" como comentou a artista.
Contaba Tere que este ano a festa retrasouse no tempo e polo tanto, quixo facer esa referencia "un día de liberdade no medio da coresma para desfrutar deste prato típico galego".
O cartel tamén inclúe varios símbolos da vila termal como son a Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis, o Hotel "La Virgen" de Termas de Cuntis ou o Castro de Castrolandín. Tampouco faltan a camelia e a vespa, a primeira moi sinxela de atopar e a motocicleta só para os máis observadores.
Sen dúbida, un cartel innovador e cheo de referencias as tradicións e emblemas da vila termal que dá o pistoletazo de saída a un mes cheo de actividades e festa.
Relacionadas:
-
O TapaLacón incluirá dúas demostracións culinarias da man do chef Iván Méndez e a blogueira Tere Rico
Por Redacción |
-
Regresa TapaLacón, tapas a un euro do 23 ao 25 de febreiro en dez locais de Cuntis
Por Redacción |
-
Antonio José ofrecerá un concerto na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
"Un show moi guapo" para amenizar a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis
Por Redacción |
-
Pepo Suevos, pregoeiro da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
A Festa do Lacón con Grelos en Cuntis celebrará o 25 aniversario nos tres primeiros días de marzo
Por Redacción |