Sanxenxo recibiu 758.508 viaxeiros que sumaron un total de 3.820.335 pernoitas en 2023
Por Redacción
Ata 2022 a única ferramenta da que se dispoñía para medir a actividade turística eran os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que só contabilizan viaxeiros e pernoitas dos hoteis. Grazas ao Big Data por xeolocalización do teléfono móbil da Mancomunidade do Salnés, agora contamos con datos dos viaxeiros que se hospedan en calquera dos aloxamentos que ten Sanxenxo (hoteis, vivendas turísticas, apartamentos, segundas residencias e cámpings).
Ademais, rexistra persoas que visitan o municipio polo día, aínda que non pernoiten. Só escapa da xeolocalización as persoas sen móbil, que adoitan ser de idade moi avanzada ou nenos de menos de 10 anos.
Os datos máis reveladores corresponden á tempada baixa. O 32% dos viaxeiros que pernoitaron en 2023, en concreto 245.141 persoas, fixérono nese período do ano. A maiores, o 43% das persoas que estiveron en Sanxenxo durante o día (1.001.079) fixérono tamén na tempada baixa.
Cifras que demostran que o obxectivo da desestacionalización que o sector e o Concello expuxéronse a principios de século comeza a ser xa unha realidade. Outra cousa distinta é que siga habendo marxe de mellora nos meses de outono e inverno.
Ata o 2000 ningún hotel abría despois do Pilar e ata a Semana Santa. A partir de entón unha serie de hostaleiros apostaron por todo o ano. A estes sumáronse posteriormente outros hoteis e negocios de hostalería de maneira que, dúas décadas despois, as cifras de actividade en tempada baixa son relevantes. (Achegamos foto dunha zona de tapeo moi concorrida a noite do pasado fin de ano, algo impensable hai anos)
En 2023 Sanxenxo alcanzou os 3,8 millóns de pernoitas, cifra que supera as hostaleiras do INE e que, agora sabemos, que representan o 25% do total de pernoitas. O 75% restante, por orde de importancia, corresponde ás segundas residencias, as vivendas turísticas, os apartamentos turísticos e os cámpings.
Relacionadas:
-
Pontevedra, a cidade máis cara de Galicia para comprar un garaxe
Por Oskar Viéitez |
-
En marcha a elaboración dunha Guía Interactiva Turística dos Sendeiros Litorais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Campionato de Europa de vela de 6 metros animará a tempada baixa de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Entrega dos diplomas 'Q de Calidade' a Sanxenxo e ás oficinas turísticas da Deputación
Por Redacción |
-
Sanxenxo amosa en Fitur as súas bazas para ofrecer "365 días diferentes"
Por Redacción |
-
Sanxenxo reúne por vez primeira á súa mesa de turismo
Por Redacción |