Encontro na Vicerreitoría para concretar as prazas de aloxamentos universitarios en vacacións
Por Redacción
25 representantes de 14 universidades españolas participan durante este xoves 1 e o venres 2 de febreiro nunha reunión da comisión de intercambio de aloxamentos universitarios que se desenvolve na sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra, situada na Casa dáas Campás.
Ao longo destas xornadas definirase o número de prazas que acolle a rede que permite ao persoal de administración e servizos (PAS) aloxarse en residencias e espazos ofertados durante as vacacións ao longo do presente ano.
Carlos Mollinedo, representante da Universidade de Vigo nesta comisión, afirma que se moven ao redor de 5.000 prazas durante todo un ano.
Yolanda Lesmes, xerente da Universidade de Vigo, e a vicerreitora do campus pontevedrés, Eva María Lantarón, daban a benvida ás coordinadoras do programa.
Lesmes destacou que se trata dunha iniciativa moi positiva e un gran logro social para o PAS. Pola súa banda, Lantarón presentou o campus ás persoas participantes explicando o traballo emprendido para que se converta nun espazo universitario especializado na creatividade.
Relacionadas:
-
A Universidade programa sete novos obradoiros abertos a toda a cidadanía
Por Redacción |
-
Máis de 60 deportistas de elite fórmanse este curso no campus universitario de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Museo de Pontevedra e Universidade de Vigo colaborarán no proxecto do Campus Crea
Por Redacción |
-
37 estudantes de 15 países completan o curso universitario no campus en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A UVigo acada, con 3.877 estudantes, a mellor cifra de alumnado de novo ingreso dos últimos sete anos
Por Redacción |