Os traballadores de Transa só ven solución ao conflito das ambulancias se intervén a Xunta
Por Redacción
O comité de empresa de ambulancias Transa volveu reclamar a intervención da Xunta de Galicia, a través do 061 e da Inspección de Traballo, para resolver o conflito laboral que se mantén entre a dirección e os traballadores, que levan xa 64 días de folga.
Alfonso Boullosa, presidente do comité, pide que dende a Administración se dea un "puñetazo encima de la mesa" ante unha empresa que, segundo denuncia, non cumpre os laudos arbitrais e que, na última entrevista na Inspección de Traballo, rexeitou o acordo porque os traballadores non retiran as demandas polas cantidades que se lles deben.
Ante esta situación de conflito laboral e ante a posible compra de Transa por parte de Ambulancias Egara que, segundo os traballadores, podería pecharse o 20 de febreiro, os representantes laborais témense que a situación se enciste no futuro se a nova empresa non resolve o conflito. Segundo apuntou Boullosa, na última reunión na Inspección de Traballo, os avogados de Transa sinalaron que "ya estaban representando, en parte, a la empresa entrante".
Os secretario comarcais da CIG, UGT e CC.OO. tamén reclamaron a intervención por parte da Administración autonómica para encontrar unha solución. "Nós actuaremos en consecuencia coa irresponsabilidade da Xunta", indicou José Luis García Pedrosa, representante de CC.OO.
Relacionadas:
-
Ambulancias do Salnés compra Transa
Por Redacción |
-
O xulgado obliga a Transa a pagar a extra de marzo de 2012
Por Redacción |
-
A Xunta apela ao diálogo entre Transa e os traballadores "por el bien de la ciudadanía"
Por Natalia Puga |
-
Os sindicatos reclaman á Xunta o rescate da concesión das ambulancias de Transa
Por Anxo Lourido |