Unha promotora viguesa adquire unha das parcelas do BBVA nos terreos de Tafisa para levantar 60 vivendas
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Unha promotora inmobiliaria viguesa adquiriu unha parcela de 1.500 metros cadrados nos terreos que hai anos ocupou a antiga fábrica de Tafisa a beiras do Lérez.
Este solar era propiedade do BBVA.
Segundo publicou o diario económico Expansión, esta promotora de propiedade familiar investirá 10 millóns de euros para levantar 60 vivendas.
A operación pechouse o pasado mes de decembro e agora estase preparando a planificación do proxecto de edificación coa idea de desenvolver de vivendas familiares.
Na mesma zona están a construír Metrovacesa e Culmia e está en marcha o proxecto de residencia con capacidade para 200 persoas maiores que impulsa Ilunion VidaSénior, coa participación da ONCE. Tamén unha cooperativa prevé a construción dun bloque de 56 vivendas de entre tres e catro dormitorios con terraza.
O BBVA é titular dunha importante bolsa de solo na zona de Tafisa. Recentemente, o xulgado de primeira instancia número 2 de Pontevedra sacaba de poxa tres destas fincas urbanas valoradas no seu conxunto en 16,5 millóns de euros aproximadamente e polas que ninguén poxou. O banco BBVA reclamaba 21,3 millóns de euros neste proceso xudicial derivado da crise inmobiliaria.
Algunha das fincas pertencían ao antigo Grupo Lar que no ano 2007 vendeullos á inmobiliaria Costaverde, filial de Indeza. Ao ano seguinte estalou a crise económica e, como outros moitos, o proxecto de Tafisa quedou paralizado.
Relacionadas:
-
Seis novas promocións inmobiliarias construirán máis de 260 vivendas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Persiste a falta de man de obra cualificada no sector da construción de Pontevedra
Por Redacción |
-
Ilunion investirá 7,37 millóns na construción da súa residencia de maiores en Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
O parque residencial da antiga Tafisa sumará 45 novas vivendas
Por Alejandro Espiño |