Sábado de intensa vixilancia nas praias das Rías Baixas na busca de máis pellets
Por Alejandro Espiño
O deste sábado non foi un día calquera nas Rías Baixas. Moitas foron as persoas que, a pesar da choiva, percorreron os principais areais pontevedreses para comprobar se, como estaba previsto, a mala mar destas últimas horas arrastraban máis pellets ata a costa.
Os dispositivos de vixilancia foron intensos nas rías de Arousa e Pontevedra, dúas das zonas máis afectadas, xunto con Muros e Noia, pola chegada destes microplásticos.
Así, praias como Mexilloeira (O Grove) ou Chancelas e Raxó (Poio) foron só algunhas das praias onde se buscaron, sen apenas éxito, mostras deste material contaminante.
A Xunta de Galicia, ao mesmo tempo, activou dous helicópteros, cinco embarcacións de gran porte e outras sete patrulleiras para rastrexar nas costas galegas os sacos perdidos polo buque Toconao. A eles sumouse un avión mobilizado polo Goberno.
Este operativo marítimo súmase ao persoal en terra que, segundo o goberno galego, conta actualmente con máis de 300 efectivos, que nas últimas horas percorreron máis de 50 praias pertencentes a 35 concellos.
Ata o momento, todo este traballo permitiu retirar dos areais galegos o equivalente a 80 sacos de pellets, xunto con máis de 1.500 quilos doutros residuos plásticos.
Relacionadas:
-
A costa de Vilaboa, de momento, libre de 'pellets'
Por Natalia Puga |
-
Besteiro ofrece a alcaldes e portavoces socialistas "información detallada tódolos días" sobre a marea de 'pellets'
Por Redacción |
-
As outras cifras da marea de 'pellets' na costa: recollen máis plásticos que granulados
Por Natalia Puga |
-
Rastrexo intensivo nas praias de Poio ante a previsible chegada de máis pellets
Por Redacción |
-
Pechan a praia de Lourizán tras detectarse 'pellets' en "pouca" cantidade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Galicia insiste en actuar sobre os pellets no mar e o Goberno veo "prácticamente imposible"
Por Alejandro Espiño |
-
Que sucede cos 'pellets' que se recollen das praias? Marín, Poio e Sanxenxo almacénanos
Por Natalia Puga |