Unha moción de censura deixará a Mancomunidade do Salnés en mans do PP
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular presentou unha moción de censura contra a presidenta da Mancomunidade do Salnés, a socialista Marta Giráldez.
O alcalde de Ribadumia, David Castro postúlase como novo presidente segundo anunciou este martes nunha rolda de prensa celebrada na sede da Mancomunidade, en Cambados.
David Castro estivo arroupado nesta comparecencia por alcaldes e concelleiros do PP de Ribadumia, Vilagarcía, Vilanova, Cambados e Meis.
O alcalde de Ribadumia xustificou a moción de censura na necesidade de parar "a inestabilidade que vimos palpando nos últimos meses", debido a que, "xa desde o minuto uno do mandato percíbese un distanciamento entre o PSOE e o BNG".
Para que esta moción censura saia adiante o PP necesita os votos dos dous partidos independentes de Meaño que xa expresaron o seu apoio.
Pola súa banda, o Partido Socialista tratará de impedir a moción de censura nos Xulgados onde denunciarán que nos estatutos da Mancomunidade non está contemplada a figura da moción de censura.