Satisfacción no goberno local de Poio pola participación nas actividades de Nadal
Por Redacción
O Goberno local do Concello de Poio destacou o "éxito" das actividades programadas no Nadal "unha proposta innovadora que conseguiu cifras récord de participación".
O alcalde de Poio, Ángel Moldes sinala que desde a inauguración, "foi un éxito de participación que se repetiu en cada unha das actividades e propostas incluídas no programa, e que se ratificou este sábado na cabalgata de despedida dos Reis Magos".
"Convertemos cada Aldea de Nadal nun punto de encontro para familias, veciños e amigos", valorou Moldes.
"Cumpríronse os obxectivos, conseguimos recuperar en Poio a ilusión polas festas, unha ilusión que se perdeu nos últimos anos", engadiu.