O levantamento da cuberta deixa sen clase 106 alumnos dun colexio de Vilanova de Arousa
Por Redacción
O temporal provocou o levantamento da cuberta do CEIP Viñagrande-Deiro, en Vilanova de Arousa, e deixou sen clase os seus 106 alumnos, segundo informou este xoves a Consellería de Cultura e Educación, que indicaron que traballan para recuperar "no menor tempo posible" a normalidade.
Educación avanzou este xoves de que informará ao Consello da Xunta da próxima semana das obras que contratará polo procedemento de urxencia para acometer as reparacións en diversos centros educativos da comunidade galega.
Tamén se produciron desprendementos de falsos teitos e entrou auga no CEIP A Lama, mentres que no IES de Poio e no Castro Alobre, en Vilagarcía, se desprenderon tellas; e entrou auga na EEI Vagalume, en Vilagarcía de Arousa, aínda que esta incidencia xa se solucionou.
Nun comunicado, indicou que o Goberno galego traballa para "solucionar no menor tempo posible as incidencias" e concretou que o persoal técnico da xefatura territorial e empresas especialistas están a avaliar os danos.