A cambadesa Noa, primeira bebé do ano no Salnés
Por Redacción
Noa é a primeira bebé do ano 2024 nacida no Hospital do Salnés.
A pequena naceu á unha e vinte da madrugada deste martes 2 de xaneiro e cun peso de 3 quilos e 520 gramos.
A súa nai, Verónica púxolle o mesmo nome que a avoa.
Foi un bo parto dixo a nai cando recibiu aos medios acompañada da súa parella e o seu fillo. Esta familia reside en Cambados.