O viveiro de empresas de Barro-Meis estará operativo nos primeiros meses de 2015
Por Oskar Viéitez
Deputación e INCYDE, o Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa, incrementaron nun millón de euros a partida económica destinada a financiar a construción de viveiros de empresas na provincia de Pontevedra.
O obxectivo desta addenda é ampliar a capacidade prevista para o viveiro de Barro-Meis e outro no polígono industrial de Lalín 2000, equipalo, e desenvolver un proxecto ambicioso que non só incluirá despachos e oficinas, senón tamén as coñecidas como "naves-niño", pequenas naves orientadas a emprendedores que pretendan desenvolver proxectos de carácter máis industrial, como talleres, pequenas empresas de produción ou similares.
Así se recolle na addenda ao convenio polo que ambas as dúas institucións acordaron no seu día colaborar no apoio ao emprendemento na provincia e que foi asinada esta mañá entre o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado, que destacaron que a intención é que o viveiro de empresas estea rematado nos primeiros meses de 2015.
Relacionadas:
-
Adxudicadas a Vila Miño S.A., en 1,3 millóns de euros, as obras do viveiro de empresas de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Así será o futuro viveiro de empresas do polígono industrial de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Un proxecto vigues gaña o concurso de ideas para construír un viveiro de empresas en Barro-Meis
Por Redacción |
-
O polígono de Barro-Meis disporá dun viveiro de empresas
Por Oskar Viéitez |