Dispoñible un directorio en liña con 109 asociacións de Marín e as súas actividades
Por Redacción
O Concello de Marín xa ten habilitado na páxina web municipal un directorio con todas as asociacións activas na vila, incorporando os datos de contacto actualizados e as posibles actividades que ofrezan á cidadanía.
Neste momento, o directorio conta con 109 asociacións de distintos sectores: cultural, social, deportivo, solidario e veciñal.
A listaxe pode consultarse a través da seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/cultura-festas/asociacions/
A concelleira Itziar Álvarez expresou que o obxectivo desta iniciativa foi poder poñer a disposición de todos os marinenses esta información "para que poidan ter de man o contacto das asociacións da vila, así como actualizar o rexistro municipal, porque moitas entidades tiñan datos obsoletos.
O Concello lembra que as asociacións e entidades de Marín son parte esencial do tecido social da vila, grandes dinamizadores e creadores de contido cultural, deportivo e de toda índole.