Cen metros cadrados do Multiusos de Moraña acollen un gran Belen Artesanal
Por Redacción
Sito Gómez, alcalde de Moraña, visitaba o Belén Artesanal, acompañado por Nava Castro, deputada provincial de Turismo e polo delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera.
Trátase da quinta edición na que a Asociación de Mulleres Rurais leva a cabo a elaboración deste espazo de recreación do portal de Belén.
A extensión supera os cen metros cadrados e ocupa dúas salas do Multiusos de Santa Lucía de Moraña. Ofrece tres temáticas coa posibilidade de experimentar cos cinco sentidos as sensacións que provoca. Permanecerá visitable ata o 14 de xaneiro.
O acto serviu para marcar o inicio das festas na vila ao mesmo tempo que se abría a Aldea Infantil na Carballeira de Santa Lucía e prendían as luces nas distintas rúas. A estas propostas súmase o tradicional certame de corais.
O alcalde avanzou que a partir do venres 15 de decembro aumentarán as actividades para público de todas as idades con actuacións de maxia, música, xogos, baile, artesanía, deporte e cultura.
I FEIRA DE NADAL
Tamén en Moraña está previsto que o domingo 17 de decembro en horario de tarde, a chaira de Mos reciba a unha trintena de comerciantes e artesáns do municipio na primeira edición da Feira de Nadal.
Durante esa xornada desenvolveranse actividades infantís con elaboración de adornos do Nadal e tamén unha chocolatada para as persoas asistentes.
A intención dos organizadores é que se converta nunha proposta promocional para os negocios e creadores da vila, impulsando unha rede de colaboración entre os establecementos locais.
Relacionadas:
-
Programación chea de actividades en Moraña para vivir un Nadal divertido e familiar
Por Anxo Lourido |
-
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, destaca o interese que o belén de Moraña esperta nos visitantes
Por Redacción |
-
A Carballeira de Santa Lucía, escenario da inauguración das luces de Nadal en Moraña
Por Redacción |