Abre o prazo para presentar candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra 2023
Por Redacción
O Concello de Pontevedra abriu o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra 2023.
Ata o 5 de xaneiro as persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no rexistro municipal.
Segundo lembra o Concello, estas propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos dos designados.
Como é habitual os Cidade de Pontevedra contarán con dúas categorías, persoa física e persoa xurídica, valorando o xurado o labor desenvolvido polos candidatos especialmente no último ano e a proxección de Pontevedra ou dos pontevedreses derivado diso.
Os galardóns serán entregados o próximo 20 de xaneiro nun pleno municipal extraordinario, coincidindo co día de San Sebastián, patrón da cidade.