RADIO.- Como identificar a un boomer e saber rirse de si mesmo. Un especial para pechar a primeira tempada de 'Boomer o último'
Por Redacción
O podcast 'Boomer o último' tómase unhas vacacións. Xa está dispoñible o último capítulo desta primeira tempada, que aínda que breve foi intensa e de boa acollida, tendo en conta o número de subscritores. Marcial Outeda e Jesús Fontanes antes deste descanso estival deixáronnos unha edición especial: como identificar aos boomers.
'Cuarentañeros, cincuentañeros, viejóvenes... como se lles define ou se definen os propios boomers?, que frases usan, que comen, que beben, como se visten, practican deporte?, e que deportes?, saen de copas, van de tardeo, ou xa non saen?, Jesús e Marcial fan un distendido e como sempre retranqueiro repaso por estas peliagudas respostas.
Hai dispositivos que os boomers aínda lembran e que as xeracións posteriores descoñecen, ou só os teñen vistos en fotos... ou nos baúis do recordo. E xa que estamos no verán, momento prolífico de festivais e concertos, os boomers tamén van de festivais e concertos?, os protagonistas deste podcast falan en primeira persoa do plural. Podes escoitalos na ligazón que se adxunta e descargar o programa desde a web de PontevedraViva Radio. E un pouquiño de paciencia, no outono, máis 'Boomer o último'.