Todo parece apuntar que para o próximo 23 de xullo a contía do voto por correo sería histórica. Así que contamos cunha persoa sobradamente cualificada para falar de como é todo este procedemento e das dúbidas que se expuxeron ou se expoñen aquelas persoas que optaron e aínda poden optar a acudir ás urnas mediante este sistema.
Charlamos no programa 'Cara a cara' con Fernando Martínez Arribas, doutor en Dereito Público e Teoría do Estado, licenciado en Dereito, profesor de Ciencia Política e Administración na Facultade de Dirección e Xestión Pública no Campus de Pontevedra, profesor titor na Uned e membro da Xunta Electoral de Zona de Santiago.
Explica como é todo o procedemento a seguir, tanto se se contempla estar na residencia habitual ou estar de vacacións durante as datas previstas para que se desenvolva esta fórmula de votación desde que se solicita ata que se entrega o voto. Tamén expón como é a custodia destes votos por correo ata o 23 de xullo, cando se entregan nos correspondentes colexios electorais do votante. E de igual forma arguméntanos as garantías existentes no sistema electoral para os cidadáns que optan por esta vía para responder coa cita ante as urnas.
Pódese escoitar o podcast completo nesta ligazón que se adxunta e tamén se pode descargar desde a web de PontevedraViva Radio.