'Ser feliz es urgente' é o título do libro da psicóloga Cristina Martínez Viana e o primeiro título que traemos este ano ao programa 'Cara a cara'. É ademais unha aspiración das persoas e a cuxo obxectivo trata de axudar a autora con "este manual de autoaxuda" vestido cunha historia ficcionada. Propón tamén varios exercicios prácticos, polo que a súa lectura leva parella unha parte para que cada persoa poida aplicar a súas ferramentas.
Falamos sobre esta cuestión da urxencia de ser feliz cando hai escasos días transcendían uns datos do Barómetro das Familias en España (Fundation The Family Watch) que resolvía que o consumo de ansiolíticos dispárase entre os fogares españois.
'Ser feliz es urgente' (Planeta), pero é fácil?, Martínez Viana responde: "é un compromiso, unha actitude, un traballo. As persoas que son felices o son porque conseguiron ter unha vida acorde aos seus desexos e necesidades e iso é froito dun traballo, dunhas decisións". Expómoslle tamén se a felicidade son momentos ou é un sentir contínuo.
As súas pautas para alcanzar esa aspiración e algunhas máximas que plasma neste libro podes escoitalas no podcast de PontevedraViva Radio que se achega baixo esta información. Tamén podes descargalo para escoitalo cando prefiras.